Nesta #8 edition dedicada a dous fitos dos 80’s, construiremos unha pequena exposición colectiva ao redor destes dous símbolos inmortais do cinema de xénero.

Da man de seis artistas galegos traemos á Sala Apo’strophe.arte este conxunto de obras nas que veremos a enorme influencia que tiveron estas dúas franquías en varias xeracións de cinéfilos. Unha reconstrucción e unha homenaxe aos elementos máis recoñecibles do imaxinario de Terminator e A nightmare on Elm Street vistos desde a peculiar e persoal visión dos artistas Hugo RG, Irika, Davida, Xabier Alonso, Velvet Demon, Srta. Doti, Maroto Bambinomonkey e Aaron Moucho.

O último día do festival farase poxa benéfica a favor do Foro Socioeducativo Os Ninguéns.

Esta entidade está conformada por un grupo de voluntarios/as de Vigo autoxestionados que tentan defender os dereitos de persoas empobrecidas, precarizadas e vulnerabilizadas, así como xerar conciencia sobre a problemática social da cidade. Ademais, orientan e acompañan a persoas con problemas, e apoian a que denuncien en primeira persoa as súas carencias, é dicir, a que sexan a súa propia voz.