Con “S” de Sangue
Impartido por Javier Trigales e Raúl Cerezo
Javier Trigales
Raúl Cerezo
O director e guionista Raúl Cerezo (La Pasajera, Viejos, El Semblante) e o guionista e programador cultural Javier Trigales (Viejos, Eco, El Semblante, Caraoscura) imparten este obradoiro en dúas xornadas onde se diseccionará o traballo de escritura dun guión de xénero nas súas distintas fases e titorías de guión orientadas a directores e guionistas (profesionais ou amateurs) que teñan unha idea ou guión de curta ou longametraxe.
Un obradoiro orientado a alumnxs de audiovisuais, profesores, cinéfilos, afeccionados, profesionais e todo aquel que queira mergullarse nas escuras augas do cinema de xénero e atopar (ou non) a saída.
Venres, 27 de setembro, de 11:00 a 13:00 (2 horas)
Sábado, 28 de setembro, de 10:00 a 13:00 (3 horas)
AULA D – ESCOLA DE DESEÑO
CÓMO ANOTARSE
1. Abona a matrícula para os dous días ou só o Sábado na páxina de venda de entradas. Toma nota do teu localizador.
2. Enche o formulario, incluíndo o teu localizador de pago.
ESTRUCTURA
I XORNADA: MASTERCLASS: DA IDEA Á PANTALLA
Duración: 2 horas.
Descripción
O director e guionista Raúl Cerezo e o guionista e programador cultural Javier Trigales falarán sen filtro do seu traballo conxunto en filmes como VIEJOS (Dispoñible en FILMIN) e curtas coma EL SEMBLANTE ou CARAOSCURA, todos eles seleccionados e premiados nos festivales de xénero máis importantes do mundo. Proxectaranse secuencias concretas onde se diseccionará o traballo de escritura nas súas distintas fases.
Obxectivo
Afondar en todo o percorrido que vai dende a primeira reunión ata a rodaxe e a estrea, facendo énfase na importancia da relación director-guionista para sobrevivir ao proceso e non converter a escritura nun slasher con guionistas degolados e directores eviscerados. Nos minutos finales deixarase un espazo para un Q&A.
II XORNADA: LABORATORIO DE PROXECTOS: DE MAD DOCTORS A SCRIPT DOCTORS
Duración: 3 horas.
Descripción
Titorías de guión orientadas a directores e guionistas (profesionais ou amateurs) que teñan unha idea ou guión de curtametraxe ou longametraxe. Non importa se o proxecto está nunha fase inicial ou nunha versión máis avanzada.
Obxectivo
Recibir unha análise profesional para localizar e tentar solucionar todos os posibles problemas de financiamento, estrutura, ritmo, trama, diálogos, puntos de xiro, midpoints ou personaxes de cada proxecto, para que as súas posibilidades de converterse en realidade se multipliquen. O alumno enviará en datas anteriores á actividade unha sinopse ou tratamento breve de cada proxecto.
IMPARTEN
JAVIER TRIGALES
Javier Trigales é guionista de cinema e TV. Ten traballado para as productoras Globomedia, La Dalia Films, Shine Iberia, Bambú Producciones ou Eye Slice Pictures. É guionista de VIEJOS, longametraxe seleccionada na sección oficial do Festival Fantasia de Montreal, o Fantastic Fest de Austin ou o Festival Internacional de Sitges entre moitos outros. Tamén foi asesor de guión de El futuro testamento, próxima longametraxe do cineasta Velasco Broca. Así mesmo é guionista de curtas como Eco, El Semblante ou Caraoscura, seleccionados e premiados en festivales nacionales e internacionales. Tamén traballou en TV en programas como Sé lo que hicisteis, Brigada policial ou El intermedio.
Compaxina (cando pode) o seu traballo de guionista coa xestión cultural, programación de festivais, crítica cinematográfica e docencia de guión para escolas de cinema e universidades. Hai algúns momentos nos que non fai nada. Actualmente se atopa immerso en proxectos nacionales e internacionales de gran envergadura e próxima anunciación.
RAÚL CEREZO
Raúl Cerezo é director, guionista, produtor e socio fundador da produtora de xénero Eye Slice Pictures, unha das produtoras máis puras e punteiras de xénero en España.
Co-dirixiu e co-escribiu as longametraxes La Pasajera (2021) e Viejos (2022), vendidas para máis de 100 países e con participación nos maiores festivais de xénero do mundo, conseguindo eloxios no mundo enteiro e con gran éxito en terras como EUA e Corea. Tamén produciu máis dun centenar de curtametraxes, ademais de dirixir e escribir títulos emblemáticos do xénero como Escarnio, Caraoscura, El Semblante e 8.
Cerezo é gañador do Melies d’argent e dúas veces gañador do premio Paul Naschy no Festival de Sitges, entre outros moitos premios nacionais e internacionais que lle fan referencia ineludible do suspense, fantástico e terror actual.
Actualmente, atópase inmerso en proxectos nacionais e internacionais de gran envergadura e próxima anunciación.