Pechada a recepción de obras.
Nesta edición de 2024 o festival quere poñer de novo o foco no mundo da banda deseñada co obxectivo de mostrar ao gran público o talento que se agocha nesta nobre arte de contar historias.
Ademais, este ano é o 40o aniversario dunha das sagas de terror máis famosas que naceron nos anos 80: A Nightmare on Elm Street. O icónico Freddy Kruger,interpretado por un inesquecible Robert Englund, poboou os pesadelos de varias xeracións a base de asasinar adolescentes de xeitos cada vez máis tolos. Nesta ocasión, queremos trasladar todos eses pesadelos a nosa cidade convertendo a Vigo na nosa particular Elm Street, un lugar que dará a benvida, a quen se atreva a entrar, aos peores pesadelos imaxinables. Como diría Freddy: Never sleep again.
XURADO
PEPA PRIETO PUY
Pepa estudou Belas Artes e Deseño Editorial. Publicou os seus traballos en The New Yorker, The New York Times Parenting, Diari ARA, Here Magazine, El País Retina, entre outros.
As súas ilustracións foron expostas en numerosas exposicións de ámbito nacional e internacional. Cursou unha residencia de oito meses na prestixiosa Maison des Auteurs, onde puido terminar o seu primeiro cómic longo Mis Agendas Semanales que acaba de publicar con Apa Apa cómics, editorial independente con sede en Barcelona.
NORBERTO FERNÁNDEZ
Vigo, 1967, debuxante de cómics e ilustrador.
A finais dos 80 – principios dos 90, participa en diversos fanzines e publica no “Atlántico Diario” as tiras Forest Hill e Guinsy (con guión de Carlos Portela).
Nos 90 publica o seu primeiro monográfico Fábulas Benévolas, ao que lle seguirían títulos como La leyenda del Caballero Despollado, Quatroccento ou Erika .
Traballou na revista “El Víbora” onde publicou historias curtas e a serie Broz e na revista “Eros Komix” onde perpetra series como Cuando el Timbre suena, Inés ou Despollatius World Cup. Na revista “Golfiño” debuxa e guioniza O Castelo Regadeira e Golfiña e executa, con guións de David Gundín, Percy y Marionetti.
Máis tarde publicaría no mercado americano as Graphic Novels Tattered Man, Retrovirus (guións de Jimmy Palmiotti e Justin Gray) e Purity (guión de Craig Yoe) ademais de realizar portadas para a serie Grimm Fairy Tales.
En Marvel Cómics traballou como entintador na serie X-Files.
Para o xornal “La Voz de Galicia” realiza a colección en fascículos A Coruña: 800 anos de historia, para Edicións Eixo Atlántico O Báculo de Daghda e Destino Frontera (ambas as publicadas en España e Portugal) e para Dolmen Editorial na colección Historia da Humanidade os tomos Invasións Germánicas e Historia de China (edición bilingüe en castelán e catalán). O seu labor comiqueiro compaxínao habitualmente con obras de ilustración e deseño do máis diverso pelame, desde xogos de rol, mascotas cuquis, carteis varios ou etiquetas para viños do país.
FERNANDO IGLESIAS ACUÑA
Fernando Iglesias Acuña é capitán e dono da Librería Baroja (Pontevedra). Gústalle Berserk. É libreiro, tiktokeiro e instagramer. É o máis famoso reventador de tomos de Berserk. A súa frase: É un pracer serche útil.
BASES
CASTELLANO
En esta edición de 2024, el festival quiere poner de nuevo el foco en el mundo del cómic con el objetivo de mostrar al gran público el talento que se esconde en este noble arte de contar historias.
Además, este año es el 40o aniversario de una de las sagas de terror más famosas que nacieron en los años 80: A Nightmare on Elm Street. El icónico Freddy Kruger, interpretado por un inolvidable Robert Englund, inundó las pesadillas de varias generaciones a base de asesinar adolescentes de maneras cada vez más locas. En esta ocasión, queremos trasladar todas esas pesadillas a nuestra ciudad, convirtiendo a Vigo en nuestra particular Elm Street, un lugar que dará la bienvenida, a quién se atreva a entrar, a las peores pesadillas imaginables. Como diría Freddy: Never sleep again.
ENGLISH
In this 2024 edition, the festival wants to focus back on the world of comics to show the general public the talent hidden in this noble art of storytelling.
In addition, this year is the 40th anniversary of one of the most famous horror sagas born in the 80s: A Nightmare on Elm Street. The iconic Freddy Kruger, played by an unforgettable Robert Englund, flooded the nightmares of several generations by murdering teenagers in increasingly crazy ways. On this occasion, we want to transfer all those nightmares to our city, turning Vigo into our own Elm Street, which will welcome whoever dares to enter the worst nightmares imaginable, as Freddy would say: Never sleep again.