PEQUEFREAK 2024
Sábado, 21 de setembro
C.C. PLAZA ELÍPTICA: Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick
Se es pequeno e es freak, ven ao Pequefreak!
O próximo 21 de setembro volve o Pequefreak – O meu primeiro festival, un día completo dedicado ao público infantil e xuvenil!
O C.C. Plaza Elíptica e as súas sedes (Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick) acollerán este evento, único na nosa contorna, no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.
- 10:30 OBRADOIRO FXs con RICARDO SPENCER (2h). Apo’strophe.arte. PRAZAS ESGOTADAS.
- 12:30 CURTAS: PEQUEFREAKS +7 (50′). Cines Tamberlick.
- 16:00 CURTAS: TODOS OS PEQUEFREAKS, VOL. 1 (49′). Cines Tamberlick.
- 17:30 CURTAS: TODOS OS PEQUEFREAKS, VOL. 2 (49′). Cines Tamberlick.
- 19:00 O PELICULÓN: A HISTORIA INTERMINABLE (V.E.) (94′). Cines Tamberlick.
Curtametraxes Selección Oficial
Os e as pequefreaks poderán desfrutar dunha Selección Oficial creada para eles. 21 curtametraxes chegadas de todo o mundo, con 7 obras nunca vistas antes en Galicia e 3 delas inéditas en España. A favorita do público conseguirá alzarse có preciado galardón do Olimpo dos Pequefreaks 2024.
PEQUEFREAKS +7
Cole Krsuá
David Castro González
Tres nenos e dous guionistas xúntanse para escribir un guión dunha animación stop motion. O resultado é un documental True Crime nunha escola e onde deben resolver un misterio.
- Mellor Animación, Toyama International Film Festival (Xapón, 2023)
- Venezia Shorts Italy – International Short Film Festival (Italia, 2024)
- 56ª Sitges – Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Aguilar Film Festival (España, 2023)
Varken
Pig
Jorn Leeuwerink
Un gran grupo de animais faise dependente dunha rede eléctrica, enganchada ao fuciño en forma de enchufe dun porco durmido… Canto durará?
- Mellor Curtametraxe, Sardinia Film Festival (Italia, 2022)
- Mellor Curtametraxe de Animación Holandesa, Cinekid (Países Baixos, 2022)
- SCHLiNGEL – International Film Festival for Children and Young Audience (Alemaña, 2022)
- Cinema Miúdo, Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames (España, 2023)
Tumulte
Tumult
Baptiste Ratajski
Estrea en España
Un ensamblador de moléculas e o seu discípulo traballan preto dun pozo xigante. Cando unha misteriosa criatura obrígalles a baixar ao pozo, descobren unha estraña máquina.
- 47º CINANIMA, Festival Internacional de Cinema de Animação de Espinho (Portugal, 2023)
- 45º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2023)
- Animatou International Animation Film Festival (Suíza, 2023)
- Psaroloco International Festival for Children & Young People (Grecia, 2024)
Météores
Meteors
Agnès Patron e Morgane Le Péchon
Nunha fresca noite de verán, uns animais con ollos cheos de luz abandonan o bosque para penetrarse nas rúas dun barrio das aforas. Catro nenos escapúlense das súas camas e as estrelas empezan a caer do ceo. Pola mañá todo cambiaría, pero por agora a correr!
- Premio Mejor Clip Internacional, CutOut Fest International Animation and Digital Art Festival (México, 2023)
- Anima – Festival du dessin animé et du film d'animation de Bruxelles (Bélxica, 2024)
- Festival 2ANNAS – Riga International Short Film Festival (Letonia, 2024)
- La Guarimba Film Festival (Italia, 2024)
Spot the Differences
Fleur Larcena, Yohan Gameiro, Clémence Beauprez, Samantha Liu, Brune de Cerval e Aurélie Lequien
Lottie, unha nena de nove anos, descobre unha suntuosa casa de bonecas no seu faiado. Esta resulta ser a réplica exacta da impoñente casa victoriana na que vive. Lottie comeza a súa procura para atopar as diferenzas entre a súa casa e a súa réplica en miniatura.
- Mellor Animación, Student Cuts Film Festival (Eslovenia, 2023)
- 56ª Sitges – Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Animacción, Festival Internacional de Cine de Animación A Coruña (España, 2023)
- Cheongju International Short Film Festival (Corea do Sur, 2024)
Crosswalk
Daria Volchok
Estrea en Galicia
A historia da diferenza na percepción do tempo. O protagonista avanza a fume de carozo mentres a multitude queda conxelada esperando o semáforo en verde.
- REGARD – Festival International du Court Métrage au Saguenay (Canadá, 2024)
- Taiwan International Children’s Film Festival (Taiwán, 2024)
- Cactus International Children's and Youth Film Festival (Italia, 2024)
- ANIMAKON – Festival Internacional de Cine de Animación de Bilbao (España, 2023)
Hellscape
Lara Brière, Alixe Devaux, Clémence Lacoume, Camille Leroux, Félicia Poggi e Valentine Wilke
Enyo é unha guerreira valente e audaz decidida a traer de volta do Inferno ao seu mentor morto. Na súa procura, Enyo coñece a Cérbero e establece amizade con el.
- Mención Especial, Festival Internacional de Animación Ajayu (Perú, 2022)
- Mellor Curtametraxe de Estudantes, Animare Licata Animation Film Festival (Italia, 2023)
- Toronto Animation Arts Festival International (Canadá, 2023)
- Caminhos Film Festiva (Portugal, 2024)
Ciao Peskao
Guillermo González Fidalgo e Andrea García García
Que fai un gato rosa nunha illa remota? Pois morrerse de fame, ser axexado por criaturas das máis escuras profundidades do océano e montar nun barco a cinco metros sobre o nivel do mar, claramente! E o mellor de todo: Nin sequera sabe que ten compañía!
- Walthamstow International Film Festival (Reino Unido, 2024)
- Charcajada Film Festival (España, 2024)
- Festival Chulpicine (Ecuador, 2024)
- Cartoon Club – Festival of Animation and Comics (Italia, 2024)
Dennis
Carlos Beceiro e Guillermo Garzón
Dennis, un empregado da fábrica do mal máis importante do inferno, vai demostrar por que é o peor no seu traballo.
- Mellor Curtametraxe, Festival Internacional de Cine Universitario LANTERNA (México, 2023)
- Mención Especial, Certamen de Cortometrajes Roberto Chiara (Arxentina, 2023)
- Premio do Xurado á Mellor Curta de Animación, Nevermore Film Festival (EUA, 2024)
- Student Animated Film Festival Animafantasia (Romanía, 2023)
TODOS OS PEQUEFREAKS VOL. 1
Birds by the way (КСТАТИ, О ПТИЧКАХ)
Alla Vartanyan
Os tempos e as circunstancias cambian, pero o dúo formado por un verme e un paxaro segue sendo o mesmo.
- ANIMAFEST ZAGREB – World Festival of Animated Film (Croacia, 2023)
- Insomnia International Animation Film Festival (Rusia, 2023)
- Giffoni Film Festival (Italia, 2023)
- Mi Primer Festival (España, 2023)
All Is Not Lost
Daniel Greaves e Ruth Beni
Estrea en España
Cando unha erupción volcánica lanza un amasillo de entullos ás profundidades dunha escura cova subterránea, estes compoñentes esnaquizados da vida recompóñense rapidamente en novas criaturas viventes.
- 46º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2024)
- Oberhausen International Short Film Festival (Alemaña, 2024)
- Austin Film Festival (EUA, 2023)
- Tofuzi Intenational Animated Film Festival (Xeorxia, 2023)
Aracne (ou a araña que non podía tecer)
Dani Iglesias
Aracne é unha pequena araña que non é capaz de producir tea. Un día atopa o que parecía ser unha tea de araña. Podería ser unha nova amiga?
- FanCine de Lemos, Festival de Xéneros fantásticos de Monforte de Lemos (España, 2024)
Buzz
Andrew Brand e Bryn Chainey
Estrea en España
Unha abella robótica en Marte atopa o seu propio modo de preservar a natureza.
- Premio Mellor Director, Wimbledon International Film Festival (Reino Unido, 2023)
- 30º Stuttgart International Festival of Animated Film (Alemaña, 2023)
- 24º ShortShorts Film Festival (Xapón, 2023)
- 27º LA Shorts International Film Festival (EUA, 2023)
Muscle Masqué Dans: Ferraille Pagaille
Muscle Man In: Metal Mayhem
Nicolas Gemoets
Estrea en España
Muscle Man, o superheroe máis limpo do mundo, embárcase nunha emocionante batalla contra un robot xigante decidido a reducir a cidade a entullos, pero a súa obsesión pola orde podería levarlle á perdición.
- Mención Especial, Young Filmmakers Festival (Bélxica, 2023)
- Premio do Público, Anima, The Brussels International Animation Film Festival (Bélxica, 2023)
- Animation Festival of Roanne (Francia, 2023)
- Curtas Vila do Conde International Film Festival (Portugal, 2024)
Svinedrengen
The Swineherd
Magnus Igland Møller e Peter Smith
É un cortello o lugar adecuado para unha festa real?
- 46º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2024)
- Athens International Film and Video Festival (Grecia, 2024)
- Tromsø International Film Festival (Noruega, 2024)
- BFI London Film Festival (Inglaterra, 2023)
TODOS OS PEQUEFREAKS VOL. 2
Toya Dan Roh Seninya
Toya & Her Art Spirit
Andara Fembriarto
Estrea en Galicia
Toya quere un Espírito da arte Batik para facer grandes teas batik, pero só pode unirse a un Espírito das Artes Marciais. Entón, resistirase Toya ou aceptará ao seu novo compañeiro?
- Nepal International Film Festival (Nepal, 2024)
- 56ª Sitges – Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Django International Film Festival (Brasil, 2023)
- Kaohsiung International Film Festival (Taiwán, 2023)
Cats
José Garnelo
Tres amigos percorren as ruínas dunha antiga cidade axudando a un pequeno gato a alcanzar o seu obxectivo antes de que a lúa chegue ao seu cénit.
- IMAXINARIA, II Festival Internacional de Animación AFundación (España, 2024)
- 36 Girona Film Festival (España, 2024)
- REX Animation Film Festival (Suecia, 2023)
Vers la Lune
Swing to the Moon
Solenne Moreau, Elisa Drique, Marie Bordessoule, Vincent Levrero, Nadine De Boer, Chloé Lauzu e Adriana Bouissie
Estrea en Galicia
Vivindo no bosque, a pequena araña Temi soña con atrapar a Lúa. Para iso, está disposta a todo.
- Int. Frauen Film Fest Dortmund+Köln (Alemaña, 2024)
- Mellor Curtametraxe de Estudantes, Animayo (España, 2023)
- Ennesimo Film Festival (Italia, 2023)
- Short Shorts Film Festival & Asia (Xapón, 2023)
Hoeba
Sem Assink
Drenthe, 4000 anos antes de Cristo (aproximadamente). Catro homes primitivos unen as súas forzas para construír algo que lles protexa das inclemencias do tempo. Pero, que será?
- BFI London Film Festival (Inglatrra, 2023)
- IndieLisboa International Independent Film Festival (Portugal, 2023)
- 46º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2024)
- IMAXINARIA, II Festival Internacional de Animación AFundación (España, 2024)
Nube
Diego Alonso Sánchez de la Barquera e Christian Arredondo Narvaez
Despois de ver a unha vella nube escura e tormentosa chover dolorosamente e morrer en sufrimento; Noma, unha nube branca e esponxosa, dáse conta de que Mixtli, a súa filla, unha nube escura e tormentosa, está en perigo de chover prematuramente.
- REGARD – Festival International du Court Métrage au Saguenay (Canadá, 2024)
- ANIMAFEST ZAGREB – World Festival of Animated Film (Croacia, 2024)
- Short Shorts Film Festival & Asia (Xapón, 2024)
- IMAXINARIA, II Festival Internacional de Animación AFundación (España, 2024)
Atomic Chicken
Thibault Ermeneux, Solène Polet, Lucie Lyfoung, Capucine Prat, Morgane Siriex e Anna Uglova
Estrea en Galicia
Un galiñeiro instalado ao pé dunha central nuclear ve como a súa vida cotiá dá un xiro por mor dunha serie de mutacións cómicas ao estilo dos debuxos animados.
- School Cinema International Film Festival (India, 2024)
- Kaboom Animation Festival (Países Baixos, 2024)
- REGARD – Festival International du Court Métrage au Saguenay (Canadá, 2024)
- Flickerfest International Short Film Festival (Australia, 2024)
Obradoiro de Efectos Especiais
Nesta #8 edition, e por petición popular, realizaremos un novo obradorio de FXs para satisfacer aos pequefreaks máis creativos.
Idade mínima: 7 anos.
Prazas esgotadas.
O obradoiro será impartido un ano máis polo mestre de FXs, Ricardo Spencer, que lles ensirará novas trucaxes con látex e sangue, xa sexa para o seu próximo disfrace de Samaín ou para as súas futuras producións audiovisuais.
Unha das nosas accións dirixidas á cativada con maior éxito, e na que contribuímos á construción e formación das e dos futuros artistas do noso audiovisual.
RICARDO SPENCER
Nado en Brasil e radicado en Vigo é licenciado en xornalismo e técnico en efectos especiais. Ademais, é mestre no CIFP Audiovisual de Vigo e director-xerente da empresa SFX efectos especiais.
Na televisión dirixiu reportaxes e programas culturais na TVPE de Brasil. Traballou en diversas películas brasileiras (O Baile Perfumado, O Cangaceiro…) e en Galicia (Los Lunes al Sol, Fisterra, O Ilegal, Dhogs…) ademais de en inumerables curtas, series e programas de televisión. Tamén realizou efectos e decorados para obras de teatro tanto en Galicia como en Portugal.
Dirixiu e produciu documentais e curtas no Brasil e en Galicia, con premios por algúns deles. Dirixiu Quem tem medo de filmes de terror, premiado en Arxentina, e Força Brasil, premiado en Recife; produciu Enjaulado de Kléber Mendonça Filho, premiado no Festival de Río; Codirixiu o I Festival de Cine Fantástico de Vigo no ano 2000, evento realizado no auditorio de Caixanoxa.
O Peliculón
Este ano, freaks e pequefreaks poderán celebrar o 40º aniversario dun dos mellores filmes infantís do cinema europeo: A Historia Interminable (versión doblada en castelán).
Wolfgang Petersen foi o responsable de dirixir a ambiciosa proposta de levar á gran pantalla o exitoso best-seller de Michael Ende. La Historia Interminable é toda unha viaxe a mundos imaxinarios e afastados que levará aos pequefreaks e aos freaks a sentir que volven cabalgar a lombos de Fújur, o dragón branco da sorte no que suca os ceos o protagonista da historia, Bastian. Unha oportunidade única de revivir este clásico da fantasía en pantalla grande.
Incluída tamén no ABONO VIF
A historia Interminable
DIE UNENDLICHE GESCHICHTE (THE NEVERENDING STORY)
Alemaña do Oeste (RFA) / 1984 / 94′
Wolfgang Petersen
Proxección: Versión en Castelán.
Escondido no faiado do seu colexio, Bastian devora durante as horas de clase un libro enigmático, A historia interminable, que relata a paulatina destrución do Reino de Fantasía. Unha especie de ”Nada” misteriosa destrúe o país e ás criaturas que o habitan. A medida que avanza na lectura, Bastian dáse de conta de que a salvación de Fantasía depende del; de que consiga entrar dentro do libro…
REPARTO: Noah Hathaway, Barret Oliver, Tami Stronach, Moses Gunn.
GUIÓN: Wolfgang Petersen, Herman Weigel. Novela: Michael Ende
MÚSICA: Klaus Doldinger.