8º Festival Internacional de Cine Freak e Fantástico

Novidades
Entradas á venda!

Todo o GFFF aos teus pes cun Abono VIF. Forma parte da gran familia freak e poderás lucir con orgullo a chapa que te identifica como Very Important Freak. Rexeita imitacións. Con máis vantaxes ca nunca!
Tamén dispoñibles entradas por sesións, o GFFF Online a esperada sesión dobre de inauguración!
Toda a información na páxina de ENTRADAS.
Sesión inaugural dobre!
A inauguración da 8ª edición do festival virá ben cargada de acción e nostalxia. Para iso, levaremos a cabo unha dobre sesión de cine dos 80.
Preparádevos para unha noite inesquecible de cinema clásico, nostalxia e emocións fortes. Non perdades a oportunidade de revivir estas obras mestras na gran pantalla!
PEQUEFREAK 2024
Se es pequeno e es freak, vén ao Pequefreak!
O próximo 21 de setembro volve o Pequefreak – O meu primeiro festival, un día completo dedicado ao público infantil e xuvenil!
O C.C. Plaza Elíptica e as súas sedes (Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick) acollerán este evento, único na nosa contorna, no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.
Selección Oficial GFFF 2024
Consulta todas as curtametraxes que forman parte da Selección Oficial do Galician Freaky Film Festival #8 edition 2024.

Sesión de Clausura
Prepárate para revivir unha das secuelas máis impactantes da historia do cine, unha obra mestra que redefiniu os xéneros de acción e ciencia ficción.
Únete a nós para celebrar catro décadas dunha saga que cambiou para sempre o panorama cinematográfico!
CATÁLOGO GFFF 2024 DIXITAL
Descarrega o noso catálogo do GFFF 2024.
Ilustrísimo Xurado do GFFF 2024
Un ano máis, o GFFF reúne a un grupo de profesionais do audiovisual freak. A súa misión: repartir os catro galardóns do erudito xurado. Unha tarefa honrosa mais nada doada.

EXPOSICIÓN REIMAXINANDO OS 80’S: FREDDY VS TERMINATOR + POXA BENÉFICA
Nesta #8 edition dedicada a dous fitos dos 80’s, construiremos unha pequena exposición colectiva ao redor destes dous símbolos inmortais do cinema de xénero.
O último día do festival farase poxa benéfica a favor do Foro Socioeducativo Os Ninguéns.
Con “S” de Sangue
Obradoiro de guión de terror impartido por dous pesos pesados do cinema de xénero, Javier Trigales e Raúl Cerezo.
Dúas xornadas irrepetibles. Non deixes escapar esta oportunidade única!
Retro Galician: 20 Aniversario de Toxic Percebe
Dirixida e escrita por Xabier Jácome e Martín Fiallega, a curtametraxe está ambientada na época da traxedia do Prestige nas nosas costas. Este tráxico suceso é o punto de partida para unha historia na que non faltan o humor, a acción, e a serie B aderezada cunha boa chea de retranca galega.

Espazo Literario Edgar Allan Freak
Sen esquecer que a literatura é unha das principais fontes que inspiran a creación audiovisual e cinematográfica, o GFFF pretende nesta nova edición crear sinerxias con autores e editoras destacadas deste eido.

FESTIVAL COLEGA: NIFFF
Este ano temos a honra de contar co NIFFF – Neuchâtel International Fantastic Film Festival (Suíza) como festival colega.
O NIFFF é o único festival de Suíza dedicado ao xénero fantástico e afíns. Fundado no ano 2000, o NIFFF creceu ao longo de 23 edicións ata converterse nunha cita cinematográfica ineludible, que goza de recoñecemento nacional e internacional grazas ao seu prestixioso e esixente programa.

Irmandades do Norte
Mesa VFO Irmandades do Norte
Sesión especial: Irmandades do Norte
Có obxectivo de seguir ampliando as ligazóns entre festivais e profesionais da xestión cultural, este ano celebraremos, en colaboración coa VIGO FILM OFFICE, unha mesa cadrada na que participarán representantes de festivais de xénero de Euskadi, Catalunya e Galicia.

Un encontró único na historia dos festivais de España no que falaremos sobre a saúde do cinema de xénero e no que se expoñerán as facilidades e as dificultades nas que se atopan tanto artistas como equipos de programación.
Como complemento ao encontro, realizaremos unha proxección especial para a cal cada un dos festivais convidados seleccionou unha curtametraxe significativa do seu territorio.
Así foi o GFFF 2023
ES UNHA EMPRESA? COLABORA CO GFFF
Daremos visibilidade ao teu negocio mentres axudas a un evento cultural coma ningún outro. Máis información no noso dossier comercial.
QUERES VIVILO DENDE DENTRO?
Entra a formar parte do equipo e vive un festival único dende dentro. Toda unha experiencia que esixe dinamismo e devolve unha experiencia única e novas amizades.
CINEMA FFFREAK
Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
- Terror e arrepío para que non durmas máis.
- Friquismo do de verdade.
- Humor ata que escache o diafragma.
- Pezas que che van deixar o cu torcido.
- A mellor animación.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Como Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Galicia, amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en Galego.

MÁIS QUE CINEMA
O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!
Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!